Wednesday, June 15, 2005

Os soños son pasaxeiros
igual ca tua mirada,
uns días vital e outros apagada
pero para alegrarte xa estou eu.

Eu son ti e ti es eu,
aínda que as veces
non nos comprendamos
pero así somos nos.

O pasado volve á realidade
o que nun tempo foi sufrimento
agora é alegría ,
esperando todo se consegue

Os soños son pasaxeiros
igual ca tua mirada,
uns días vital e outros apagada
pero para alegrarte xa estou eu.

Eu son ti e ti es eu,
aínda que as veces
non nos comprendamos
pero así somos nos.

O pasado volve á realidade
o que nun tempo foi sufrimento
agora é alegría ,
esperando todo se consegue

CINCO MINUTOS DE RECREO

Aquí tedes un pouco de todo para pasar os voso tempo libre, esa música molongui, libros que aconsellamos....

UN GRUPO: SIMPLE PLAN



Aconsellámosvos que compredes o disco deste grupo californiano que tanto éxito acadou, e que as mozas novas estamos toliñás por eles. Con este grupo podes escoitar música boa, e depaso recrearse a vista se se da a oportunidade. Recomendámosvos que metades o CD no ordenador e vexades o archivo de vídeo que trae que lle mola a cristo.

UN LIBRO:
Na nosa lingua, atopámonos co libro As humanas proporcións, que nos conta unhas cantas historias de diversos temas.


El alumno, o seu autor é Patrick Redmond, unha amiga díxonos que estaba moi ben, agora tócavos a vos leelo

A miña mocidade

Con estes 16 anos que teño, estou na mellor etapa da miña vida. Digo isto porque neste momento estou coqueteando con un antigo amor e todo vai moi ben. Co de antigo refírome a que isto xa comezara en sexto de primaria, pero por causas que non quero recordar esa relación non chegou a dar o seu froito.
Despois de catro anos volvemos ás andadas e por agora todo vai moi ben, imos en serio anque por agora imos despaciño porque hai unha porca que vai pola miña landra e non o vou a permitir, porque ela tivo a súa oportunidade e deixouna escapar por estar xogando con el durante moito tempo.
Tiven moita razón ao pensar e ao plantexarme: esperando consegues o que desexas. Porque agora conseguín ao rapaz co que nun tempo estiven, e anque sone moi "cursy" estou feliz e moito.

Monday, June 13, 2005

Opinións persoais




Outro ano máis todo está rematando: exames, clases, malos rollos, bos rollos.......pero á volta da esquina xa nos volvemos atopar ó mesmo. A vida podemos difinila como os movementos dunha noria: xira, xira e xira pero ó fin sempre fai ó mesmo. Nas vacacións intentas olvidarte de todo, cres que o consegues e cando estás a punto de chegar ó teu reto daste de conta de que todo foi un soño, e aínda que se di de que de soños se vive non é así. Todos temos as nosas propias ilusións e ninguén vai ser quén de cambiárnolas.

ALMAS XEMELGAS



Olladas transcendentais, que nos poden cambiar,
imaxes curiosas que non nos valen para nada,
familia, amigos que ao fin só son recordos;
dise que todos temos unha alma xemela
pero nos non a temos............
ou pode ,que aínda non as encontrásemos.
A soidade atopamóla no pasado,
nun futuro xa veremos con qué damos.

Monday, May 30, 2005

O noso cine



Hoxe levanteime pola maña, sen saber moi ben o que ia facer. Decidín ir ao centro comercial, comprei algo e logo vin na taquilla o menú de pelis: ShinChan en galego; Mar adentro en galego; Sahara en galego... e así un largo catálogo. Vín varias delas porque todas estaban moi ben, algunhas quedeime coas ganas xa que non coincidian as horas. botei un longo tempo alí dentro, pero claro maña e luns e teño insti. Cheguei á casa e conteillelo a meus pais, eles non o podían crer, pensaban que eu o estaba inventando. Fun para a cama, e durmín toda a noite coma unha pedra. O luns sonou o despertador as 7:30, levanteime e o primeiro que fixen foi preguntarlle amiña nai se agora creia o que lle dixera pola noite. Empezou a rir a rir e díxome: nena, ti durmíches ben, non sei de que me falas.
Nese momento deime de conta de que a realidade e máis dura do que parece, e que a maioría das veces os soños non se fan realidade, e o caso do GALEGO. Silvia

A voltas con Penélope


Aquí vos amosamos un dos mitos máis coñecidos pero cun toque persoal:

PENÉLOPE E ULISES
Penélope foi unha heroína para as mulleres da súa época, xa que foi unha das primeiras mulleres en marchar a guerra e deixar ós seus fillos ó coidado do seu marido Ulises.
Un día Penélope colleu a súa tripulación e marchou cara a guerra de Troia, onde pasou nove longos anos sen ver aos seus fillos e ao seu marido. Mentras, Ulises estaba en Ítaca impaciente por ver a Penélope, que despois de rematar a guerra tardou moitos anos en regresar a casa; no seu camiño ela, coñeceu a numerosos homes pero ningún era coma........coma...... o seu Ulises, que se atopaba co corazón nun puño xa que non sabía do paradeiro da súa esposa. Un día aló chegou Penélope, con añoranza de ver ó seu fillo e ó seu churri, e a súa sorpresa sería que o atopou retozando na cama ........... con un home máis xoven ca ela. Entón ela chea de ira abalanzouse sobre Ulises e matouno. Así converteuse na primeira muller vingadora da historia.
Celia

Monday, May 09, 2005

Lorenzo Varela, adicado ó día das letras galegas

EMIGRANTES





Centos, miles de galegos
foron a buscar o pan,
fóra, lonxe de Galicia,
que perto xa non o hai;
que toda a fariña nosa
non se sabe para quen vai.
Centos, miles de galegos
empuxados a emigrar,
hoxe viven coas galiñas
porque outra casa non hai
en París, Xenebra, Hamburgo,
en ningunha capital.
Nun galiñeiro de Europa,
Galicia, tes o teu Lar.
¡Poñamos un galiñeiro
na bandeira de Breogán!
Son boa xente as galiñas,
mellor que moitos irmáns:
súa merda é menos merda
se vos poñedes a pensar.
E sendo veciños delas
poderannos crecer ás.
Tataranetos de condes
¿saberán tatarear
sobor dun pau europeo
os fillos de Breogán?
¿Saberán cacarear
estes galegos de hoxe,
botados por seus irmáns
os banqueiros e almirantes,
os xuíces e os capitáns?
¡A Patria éche un galiñeiro,
en terra allea, pra máis!
¡E mellor que ser galego
ser porco, cabalo ou can!
Nun galiñeiro de Europa
Galicia, tes o teu Lar.
¡Poñamos un galiñeiro
na bandeira de Breogán!
E cada Casa Ilustre
de Galicia, de hoxe en máis,
poña merda de galiña
no seu brasón galiñán.
Mais ouvide ben o galo,
señoritos galiñáns:
un día ou outro, moi cedo,
¡outro galo cantará!

Wednesday, May 04, 2005

Manifesto do Correlingua

Pon un bico na linguao teu bico no bicarelo do bico da linguae, sempre, con ela, bica.

Mil primaveras máis para o galegobicos 1000 na miña, túa,súa, nosa lingua.

Do teu -yo- ao meu -eu-que estoure un bico e que Galiza esperte.

Que esperte de Fonmiñá a Cabo Vilán.

Óiase, á fin,o bocexo da Galiza subversiva petrificada de séculos.

Os rumorosos non din nada de nada mais si temos castiñeiros de mil anos que resisten e especies foráneas achantadas na terra que rosman en galego e reclaman futuro

Levantemos como estandarte a bandeira da imaxinación na que collemos todos/as,os/as que non naceron e os/as que están,os/as que han de vir e os/as que tiveron que marchartodos, desde aquí, acollidos, no mundo,desde aquí, en galego, no mundo.


Desde aquí, mentres oímos de lonxe o ruído da choiva e bailamos hip-hop na pista dun pub,mentres calamos cun amable descoñecido que encaixa no noso soño,mentres miramos como o camareiro lle serve unha copa á rapaza máis ghuai...quizais siga chovendo

Desde aquí, mentres respiramos esta música,agora pesada e monótona,mentres do curruncho máis escuroa fermosura desa parella nos reclama,mentres atrapamos un chisco de ollo previamente imaxinado,e xa somos paspáns namorados...quizais non cese de chover.

Desde aquí, mentres fisgamos no bolso da amiga,mentres ensaiamos a retardada fuga, mentres nos queiman cun cigarro e só podemos ver a lúa sen as estrelas,quizais non pare xamais de chover.

Porque oídeo, nós somos:Unha prole de lucecús que alumean os buracos negros de Galiza.

Un exército de corazóns preñados de utopía que freará a colonización da escuridade.

Choiva maina que rega a nosa cultura milenaria.

Humus patrio que garante a súa fertilidade.

Elixir que todo o cura.

Un si agudo no inestable pentagrama que esnaquizará espellismos.

Lóstrego súbito que fará borralla da pel de cacique

Porque con respecto aos pesimistas nós somos optimistas,e, aínda que non venda,

Comprendemos que quizais para atraer a turistas sexa preciso falar


Pero nós preferimos as cousas núas,sentar á mesa ós nosos mitos,e despois, entre nós, leriar:pode que Murguía fose mullerengo,que Rosalía soñase coa sombra de Aguirre,que Otero aprobase todos os alumnos,E Pondal...

Pondal quizais non casase por manter a pensión.

E con respecto aos novos,preferimos o silencio xusto dalgúns/unhasque a cantarela doutros.

Así pois, luza ou non o Sol,sabédeo, seguiremos adiante.


na palabra inarticulada dos proscritos da linguaxeno trémulo beixo da condición de amantena ollada terrosa da nai sen froitono arrecendo da uz e do xurelo no andén da estación e no cumio do outeirona fonte da praza e na corredoira das vacasno visible do invisible e no invisible máis visibleque esquiva a nosa,vosa descuberta porque o galego é a voz das palabras que nos silencian

Cómprenos a lingua para sermos luz nesta EUROPA caduca.


Que aniñe a nosa verdade no ventoe paira no Parlamento.

Monday, April 25, 2005

O noso recuncho



Apalancamos aquí hai dezaseis anos, non por gusto xa que non tiñamos coñecemento, aínda que agora moito tampouco pero imos tirando. O noso choio é o estudo , as veces ao noso pesar, aínda así tamén o pasamos ben. O noso recuncho é un lugar pouco significativo alexado do mundo esterior e de todos; onde ninguén nos di o que temos ou debemos facer. Nel habita pouca xente pero boa.

Ola!

Benvidos o noso mundo sen rumbo, somos duas rapazas sen identidade que vivimos o día a día sen pensar na realide. Ao igual que vos temos pensamentos e a nosa maneira de expresalos é a través deste blog.